PRESENTACIÓN


PRESENTACIÓN

Ola Rapaces e Rapazas do I. E. S de POIO!
Somos os alumnos de 4º os que vamos a levar este ano o blog.
Con este blog queremos contarvos e mostrarvos os acontecementos que suceden no noso centro.
Vós podedes axudarnos participando no blog, sempre que respetedes os demais.

GRAZAS
Esperamos que vos guste


Leticia López

12 jun 2011

50 anos con BALBINO: Grazas a XOSÉ NEIRA VILAS

50 anos con BALBINO: Grazas a XOSÉ NEIRA VILAS:

Hai 50 anos na Arxentina saía á luz a historia de "Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis un ninguén. E ademais, pobre" deste modo, el mesmo se define ao comezo da novela. Desde aquela lévanse vendidos uns 600.000 exemplares: o "best-seller" da literatura galega.
Mais deixando de lado os supervendas, daquela os nenos e nenas galegos, e os que o fomos, recibimos un fermoso presente: a historia de Balbino é a historia de moitos nenos galegos que coma el soñaban cun futuro máis doce para todos os rapaces da aldea; da súa man chéganos hoxe en día o seu legado que non debemos esquecer.

As valoracións de Marta, Raquel, Patricia e Carla (4º ESO A,  Decembro 2010), rapazas do século XXI:
Marta: O argumento do libro pareceume moi interesante, só que o pobre Balbino tiña unha vida moi frustrante e ten que vivir sen facer o que el quixera por culpa da sociedade da época.
Raquel: Gustoume a ilusión de Balbino ao atopar a caixiña, ao ir a escola, ao ser monaguillo, ao ir despois das festas á aldea... Non me gustou que tivera que marchar da súa casa.
Patricia: Gustoume moito o libro aínda que me pareceu un pouco triste pola vida que levaba Balbino xa que non era feliz, tiña que facer o que querían os demais e non o que a el lle gustaba.
Carla: Gustoume o libro porque é moi entretido e un pouco gracioso, aínda que non me gustou que algunhas persoas se portaran tan mal con Balbino.
Valoración conxunta: Gustáronnos as aventuras que viviu Balbino a pesar de que pasaran cousas que nos deron pena, xa que levaba unha vida difícil na que tiña que traballar moito sendo un neno e só podía facer o que lle mandaban; desconcertounos que o pai lle pegara por darlle unha pedrada a Manolito sen saber que sucedera.
O máis importante para nós foi o esforzo que facía para poder ir á escola, deixar de ir ás festas polo loito, xa que morrera o seu padriño, aínda que para el non significaba nada especial.
Esperabamos que fora un libro triste por que o título nos dicía que era un neno traballador, pero é moi bonito; recomendámoslles aos nosos compañeiros que o lean xa que reflexa perfectamente a vida de moitos nenos labregos daquela época.


No hay comentarios:

Publicar un comentario