PRESENTACIÓN


PRESENTACIÓN

Ola Rapaces e Rapazas do I. E. S de POIO!
Somos os alumnos de 4º os que vamos a levar este ano o blog.
Con este blog queremos contarvos e mostrarvos os acontecementos que suceden no noso centro.
Vós podedes axudarnos participando no blog, sempre que respetedes os demais.

GRAZAS
Esperamos que vos guste


Leticia López

18 jun 2011

AS EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: 20 ANOS TRABALLANDO POLO GALEGO

As EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DOS CENTROS DE ENSINO levan 20 anos traballando polo desenvolvemento do galego, por convertilo nunha lingua NORMAL, aquí tedes o testemuño:


16 jun 2011

TRABALLOS DE TECNOLOXÍA, 3º e 4º de ESO - DIVERSIFICACIÓN

Traballos realizados na aula de Tecnoloxía polos alumnos de 3º e 4º de ESO - DIVERSIFICACIÓN baixo a coordinación do profesor José Manuel Moya. Estiveron traballando sobre material reciclable (cartón), realizáronse traballos individuais e traballos en grupo. No seguinte vídeo podedes apreciar o proceso de elaboración dos proxectos e os resultados. As nosas felicitacións polas tarefas ben feitas.

15 jun 2011

CENTENARIO DO NACEMENTO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

No centenario do nacemento do noso querido escritor Álvaro Cunqueiro (1911-2011), os alumnos de 4º de ESO realizaron este Power-point para difundir a súa figura e a súa obra entre os seus compañeiros.


Presentan o seu labor como poeta, como narrador e o seu importante papel no eido das Letras Galegas (independentemente do seu labor en lingua castelá).



Excursión o Castrove

Exc_Barcelona_2011

13 jun 2011

“JEUNESSE EN MOUVEMENT"

O alumnado da Sección Bilingüe de 3º ESO acadou dous premios  no CONCURSO NACIONAL DE BLOGS, convocado pola Alianza Francesa e o Servizo de Cooperación Educativa da Embaixada de Francia en España.

1º Premio: “GALICE, VERT OCÉAN” (http://galiceverteocean.blogspot.com/)

2º Premio: “LA BOULE VERTE”( http://labouleverte.blogspot.com/)

Parabéns o alumnado e profesoras, Consuelo Vercher, Julia Torregrosa e Paloma Orcajo

12 jun 2011

50 anos con BALBINO: Grazas a XOSÉ NEIRA VILAS

50 anos con BALBINO: Grazas a XOSÉ NEIRA VILAS:

Hai 50 anos na Arxentina saía á luz a historia de "Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis un ninguén. E ademais, pobre" deste modo, el mesmo se define ao comezo da novela. Desde aquela lévanse vendidos uns 600.000 exemplares: o "best-seller" da literatura galega.
Mais deixando de lado os supervendas, daquela os nenos e nenas galegos, e os que o fomos, recibimos un fermoso presente: a historia de Balbino é a historia de moitos nenos galegos que coma el soñaban cun futuro máis doce para todos os rapaces da aldea; da súa man chéganos hoxe en día o seu legado que non debemos esquecer.

As valoracións de Marta, Raquel, Patricia e Carla (4º ESO A,  Decembro 2010), rapazas do século XXI:
Marta: O argumento do libro pareceume moi interesante, só que o pobre Balbino tiña unha vida moi frustrante e ten que vivir sen facer o que el quixera por culpa da sociedade da época.
Raquel: Gustoume a ilusión de Balbino ao atopar a caixiña, ao ir a escola, ao ser monaguillo, ao ir despois das festas á aldea... Non me gustou que tivera que marchar da súa casa.
Patricia: Gustoume moito o libro aínda que me pareceu un pouco triste pola vida que levaba Balbino xa que non era feliz, tiña que facer o que querían os demais e non o que a el lle gustaba.
Carla: Gustoume o libro porque é moi entretido e un pouco gracioso, aínda que non me gustou que algunhas persoas se portaran tan mal con Balbino.
Valoración conxunta: Gustáronnos as aventuras que viviu Balbino a pesar de que pasaran cousas que nos deron pena, xa que levaba unha vida difícil na que tiña que traballar moito sendo un neno e só podía facer o que lle mandaban; desconcertounos que o pai lle pegara por darlle unha pedrada a Manolito sen saber que sucedera.
O máis importante para nós foi o esforzo que facía para poder ir á escola, deixar de ir ás festas polo loito, xa que morrera o seu padriño, aínda que para el non significaba nada especial.
Esperabamos que fora un libro triste por que o título nos dicía que era un neno traballador, pero é moi bonito; recomendámoslles aos nosos compañeiros que o lean xa que reflexa perfectamente a vida de moitos nenos labregos daquela época.


10 jun 2011

A lenda do bosque Libredón

Concurso: “ Falemos da nosa historia” (CEIP. López Ferreiro- Santiago)
O 3º premio de Galicia foi para o IES de Poio.

Para entender as peregrinacións a Santiago de Compostela debemos partir da tradición que fala do labor evanxelizador de Santiago en terras da Hispania romana, aínda que consultamos dunha obra de L.Duchesne ( “Santiago en Galicia” ) e di que non hai probas suficientes de que o apóstolo estivese nunca en España.
Sábese que despois da morte de Cristo, Santiago o Maior fillo de Zebedeo, continúa inicialmente o seu labor apostólico en Xerusalén. Á súa chegada a Palestina, e tras incumprir a prohibición de predicar o cristianismo, foi decapitado en tempos de Herodes Agripa. Segundo a tradición, o seu cadaleito foi recuperado polos discípulos Atanasio e Teodoro e traído en barco a terras españolas, en concreto a Iria Flavia (preto da actual Padrón). A tradición prosegue coa viaxe do corpo de Santiago, que é transportado en carro ata o bosque Libredón, lugar no que os bois se negaron a entrar. Este feito debeu ser tomado como un sinal divino e foi elixido como lugar de enterramento.
O corpo de Santiago non se soterra na estrema do bosque, senón no interior do predio, unha posesión que, segundo limos, era “ franca e libre”. O especialista Francisco Singul, a quen consultamos, tamén sinala que tendo en conta os costumes e prácticas romanas da época “ a deposición do corpo do apóstolo Santiago no Liberum donum non pode estar máis a ton coa época ”.
Libredón fora un bosque máxico cheo de misterios que alimentaron os temores da xente en tempos remotos e lonxevos. Libredón é para algúns unha palabra latina (“liberum donum”) ou libre concesión dun terreo. Pierre David di que Libredón é un nome de lugar que non fora usado polo pobo. O nome que fica é Compostela, que ten aparencia de ser romano en forma diminutiva de agarimo. Tamén comprobamos que hai varias Compostelas en Galicia: unha en Melide, dúas na provincia de Ourense, na Merca e Lobios, esta á esquerda do río Limia. Libredón era un frondoso bosque de árbores autóctonas, tal vez carballeiras e aciñeiras. Algúns autores sitúan por aquel entón un castro indíxena poboado e romanizado, de ocupación tardía, abandonado bastante antes do descubrimento do sepulcro. Outros apuntan á posibilidade da ubicación dun camposanto ou necrópole usada ata o século VII, con tumbas entre as que puido haber enterramentos cristiáns. A principios do século IX o lugar estaría abandoado e cuberto de maleza, o que explicaría as luces tremelucindo día e noite, que serían confundidas con estrelas.
Tal e como profetizaran os discípulos de Santiago, Atanasio e Teodoro, o bosque Libredón faríase aínda máis frondoso e inaccesible, como buscando ocultar e protexer o segredo da santa sepultura que albergaba. Pero unha cousa é a lenda e outra a historia, é dicir, que está comprobado que onde se encontra o centro histórico de Santiago estivo ocupado por un castro anterior á chegada dos romanos. Estes fixeron da zona unha encrucillada de camiños na que converxían varias sobre o lugar máxico atendendo ás circunstancias: bosque frondoso cheo de maleza, castro abandonado, necrópole igualmente abandonada, encrucillada de camiños... así pois non é de estrañar o temor a circular polo lugar tendo en conta que, entre os habitantes da zona, indíxenas de Galicia falábase das aparicións de anxos e luces estrañas.
Pelaio (Paio ou Pelagio) segundo a tradición popular era o ermitán que no ano 813 vivía nun lugar coñecido  co nome de Solovio, no bosque Libredón, exactamente onde hoxe se atopa a igrexa de San Fiz de Solovio na cidade de Santiago. Este ermitán observou durante varias noites consecutivas uns resplandores misteriosos sobre un montículo do bosque, como se fose unha chuvia de estrelas.
Pelaio, altamente impresionado polas luminarias, decidiu presentarse ante o bispo Teodomiro (por aquel entón bispo de Iria Flavia, coñecida como a actual Padrón) para comunicarlle os feitos. O bispo reuniu un pequeno séquito e dirixiuse ó lugar onde puido contemplar el mesmo o fenómeno. Alí, entre a densa vexetación, foi onde atoparon un sepulcro de pedra no que repousaban tres corpos, que serían identificados como os do apóstolo Santiago e os seus discípulos, Teodoro e Atanasio.
O bispo recoñeceu este feito como un milagre e informou ó rei Alfonso II de Asturias e Galicia. O rei ordenou a construción dunha capela no lugar, que se converteu gradualmente nun importante lugar de peregrinase. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa prerrománica no ano 899, construída pola orde do rei Alfonso III, e finalmente iniciouse no 1075, baio o reinado de Alfonso VI, a construción da catedral de Santiago de Compostela.
É estraño que a xente sen saber ler nin escribir recorde a orixe máxica, relixiosa e sagrada dun bosque no que se encontra un cemiterio e un castro que logo daría lugar a unha mansión romana. Polo tanto é crible a lenda do bosque Libradón aínda que non se pode asegurar ata que punto é lenda e cando comeza a historia.


As gañadoras foron: 
Niquea Outeiral Galiano, 
Carmen Castro García,
 Paula Sanmartín Freitas 
 Andrea Magariños Prieto 

Actividade do departamento de Plástica

No IES de Poio os mozos de 3º curso, imos todos os anos a Lanzada a facer figuras coa area. Alí xuntámonos con outros colexios da nosa zona.
Facemos esculturas coa area que antes as practicamos na clase con plastilina
Disfrutamos do día o aire libre ó lado do mar.
Ésta excursión é grazas o departamento de plástica que nos leva a esa preciosa praia.

Jéssica R.

16 DE MAIO: ‘LETRAS GALEGAS’

O 16 de maio celebramos ‘o Día das Letras Galegas’ no I.E.S de Poio, no xardín de atrás do instituto.
Na 1ª hora da tarde participaron os alumnos de 1º e 3º da ESO, e na 2ª hora os alumnos de 2º e 4º ESO.
Léronse uns poemas de Lois Pereiro que era ó autor a o que este ano se adicaban as Letras Galegas 2011.Tamén se leron poemas de outros autores en Inglés, Francés, Latín, Grego e castelán.
O final do acto as alumnas de 4º ESO D cantaron unha canción de Álvaro Cunqueiro.
Foi unha tarde moi entretida e amena para os rapaces de IES de Poio.

Leticia L.-Mª. Pilar M.

10 de Maio: Correlingua

O Dia 10 de Maio celebramos o Correlingua en Pontevedra,compartimos o autobús cos alumnos de 5º e 6º de Espedregada, do I.E.S de Poio fomos 3º e 4º da E.S.O, reunímonos na Praza da Ferrería e logo fixemos un percorrido pola parte vella de Pontevedra, levamos unha pancarta e os pequenos levaban palabras en galego rematamos o percorrido na Ferrería coa actuación de dragóns e música, bailamos, divertímonos, déronnos unha bolsa de libros e o rematar soltamos globos xigantes. Foi unha mañá agradable na que celebramos a nosa LINGUA

Azucena R.

9 jun 2011

Visitamos a feira do libro de Madrid

Os días 2,3 e 4 de xuño, o grupo dos clubs de lectura de 3º de ESO que participa no programa ARCE reunímonos na Feira do Libro de Madrid cos nosos compañeiros de Gran Canaria e Murcia.
Visitamos a cidade y realizamos múltiples actividades relacionadas coa lectura e co mundo do libro: Visita ao Museo do Libro, participamos noutras organizadas no marco da feira como a mesa redonda sobre o presente e futuro do libro, encontrámonos e fixemos fotografías con Leer.es, paseamos polo recinto, mercamos libros e vimos a algúns dos escritores máis sonados do país como o Nobel Vargas Llosa, María Dueñas, Múñoz Molina...
Mais sen dúbida a actividade máis importante foi a posta en común que arredor das nosas lecturas realizamos coas nosas coordinadoras. Aquí tedes o documento visual:

30 may 2011

Queremos divertirnos en Poio

Coa falta de Pub’s e discotecas en Poio os rapaces que vivimos nel temos que ir a Pontevedra, Sanxenxo ou Portonovo para poder divertirnos.
Gustaríame que en Vilariño que é donde eu vivo houbese algún sitio para que os nenos pequenos puidesen divertirse, que cambiaran algúns obxetos do parque xa que hai un moi perigoso que si os nenos chegasen a caer del, faríanse moito dano, que trataran de coidar máis os xardíns e asfaltar as estradas e puxeran algún sitio de reunión ou biblioteca para os xoves aproveitando o local para baile e outras actividades.

Ana B. Pereira

Excursión de Fin de Curso: Barcelona


Os alumnos de 4º, como tódolos anos fixemos unha viaxe a Barcelona, a viaxe de fin de curso.
O día da saída foi o 24 de Abril, a duración da viaxe ia ser dunha semana. Tíñamos por diante 17 horas de viaxe no autobús. Parábamos cada catro horas para descansar, comer e ir o baño. O destino era Lloret del Mar, un pobo turístico moi bonito;
Unha vez alí aloxámonos nun hotel chamado Selvamar. Dimos unha volta polos alrededores antes de xantar e pola tarde deixáronnos tempo libre para ir de compras ou a piscina do hotel.
O segundo día fomos ata Barcelona cunha gía turística que nos ensinou a Sagrada familia, O barrio gótico, O parque Güell, As ramblas... andamos case todo o camiño e tardamos catro horas en velo todo. A hora de xantar leváronos o acuario e deixáronos libre pola tarde para que fósemos a dar unha volta polo Maremagnum (un gran centro comercial) ou polas Ramblas.
O terceiro esperábanos PORT AVENTURA! E quedamos alí todo o día. Había colas xigantes para montar nas atraccións! Sobretodo no DragonKhan, Estampida, Lanzadera... dende 30 minutos a 2 horas esperando pero mereceu a pena, todos disfrutábamos moito, e ata has profes montaron nas atraccións mais grandes!
O cuarto día, xoves, visitamos o museo Dalí e pola tarde fomos a ver unhas ruínas greco-romanas moi interesantes a un sitio chamado Empuries.
O quinto e último tiñamos entradas para o funicular de St.Joan que nos levaría ata Monserrat donde vimos unha igrexa enorme e unhas vistas preciosas. Xantamos nun restaurante de por alí e pola tarde, ¡LOS 40, EL MUSICAL! Foi unha tarde para non olvidar, todos cantábamos e bailábamos co espectáculo, e incluso alguns emocionáronse e soltaron un par de lagrimiñas.
Esa noite estábamos case todos no salón do hotel pasándoo ben coas cancións que poñían os animadores.
O sábado 30 pola mañá saímos moi cedo do Hotel camiño a Poio, con outras 17 horas de viaxe por diante, moitos recordos dunha semana inolvidable para todos e bastantes ganas de ver a familia.

Mar Moldes

A miña rúa

Eu son Noelia, alumna de 4ºD do I.E.S de Poio,eu vivo no Vao.
Este lugar non llo recomendo a ninguén xa que non está moi limpo por parte da etnia xitana que habita alí e entre eles os drogadictos que veñen a mercar.
Desde que nacín vivo alí e ata agora estou farta de ver iso cada día.
Quixera para min e os meus veciños paz na miña rúa e evitar a presenza de persoas enfermas adictas á droga e nenos xitanos que berran e rompen cousas polo camiño e non respetan a convivencia cidadá

Noe Otero

Raxó

Ola! Chámome Jessica e son unha alumna de 4ºD. Eu vou falar de Raxó, que é onde vivo é o que coñezo:
A casa cultural que fixeron en Raxó (Xaime Isla) está moi ben porque hai actividades, pero debería de haber máis para os mozos da nosa idade (15-18 anos), sitios de festa pola noite onde poidamos reunirnos, bailar, cantar(karaoke, DJ), etc…
Sempre temos que desprazarnos a Portonovo ou Pontevedra pola noite por non ter lugares como pub’s no noso pobo.

Jessica Rosales

23 may 2011

Concurso “Fálame da túa avoa”

Ola, chámome Martín Quintillán Rey, e fálovos do concurso Fálame da túa avoa”


O día 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller Traballadora. Para ese día,o concello de Poio organizou un concurso  no casal de Ferreiros, onde asistiron os alumnos do I.E.S de Poio e os seus familiares.

O concello quere agasallar ás mulleres (Avoas, Bisavoas….) que pasaron traballos na súa vida, necesidades, a guerra civil, levaron familias adiante  traballando e criando ós fillos, moitas veces co home no mar ou viúvas. Nunha época tan dura que hoxe queremos compensalas co noso afecto e recoñecemento.

 Foi un acto moi bonito onde os alumnos e familiares pasárono en grande.

Os gañadores foron:
1º Premio: Xavier Cuíñas Macenlle (2º ESO C)
2º Premio: Laura Bouzon  Casás (1º ESO B)
3º Premio: Enrique González Viñas (1º ESO A)


Día internacional da muller traballadora

Tódolos anos no centro celebramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA (8 de marzo). Este día é unha homenaxe a muller, discriminada tantas veces na sociedade.
Eu, Mar, vou falar un pouco dos ditos despectivos cara ás mulleres que me amolan xa que deixan a muller nun segundo posto respecto do home. 
Por exemplo:
“Muller ó volante perigo constante” ou “A muller e a gaivota canto mais vella, mais loca “
Na sociedade avanzada na que vivimos caracterizada pola igualdade entre os dous sexos aínda hai xente con pensamentos antigos como ese, polo que eu propoño que as novas xeracións, como a miña, erradiquemos estes ditos porque hoxe en día hai dende mulleres camioneiras ata homes que quedan na casa coidando dos fillos e iso é normalidade.


Mar Moldes

8 de marzo:Día internacional de muller traballadora






No IES de Poio créase unha alfombra con frases machistas, coa intención de que a xente as pisara.

As primeiras impresións da xente foi que se estrañaron, e non sabían que facer, por eso moita xente intentaba non pasar por riba da alfombra,ata que se decataron de que precisamente estaba feita para iso. 





Leticia López - Pili Montes

O SAMAÍN

O Samaín é unha celebración típica en Galicia de orixe Celta que o cristianismo, convertiuno no día de todos os santos, e xa ten bastante tempo. Ten a súa orixe en América onde lle chamaron: Halloween. É o 31 de novembro, e celébrase a noite de defuntos.

Aquí no IES de Poio, fíxose co profesor Carlos Núñez na biblioteca, unha actividade, que consistiu en contar contos os nenos do primeiro ciclo da ESO.

Todos os nenos participaron e pasárono moi ben.


Montse Castro

O Magosto


Ola,chámome Azucena Rodas Gómez son de 4º,e vouvos contar a historia do magosto deste ano no IES de POIO.

O magosto celébrase a finais de Outubro.Todos os anos baixabamos o patio as dúas últimas horas, menos este ano que tivo que retrasarse tres semanas polo mal tempo,e finalmente fixémolo nun recreo coa axuda de tódolos profesores e profesoras e tamén veu un ex profesor deste instituto Carlos Núñez,a axudarnos  asalas castañas.
Normalmente facemos xogos tradicionais como xogar á botella,ós zancos,ós aros,saltar as cordas, etc.