PRESENTACIÓN


PRESENTACIÓN

Ola Rapaces e Rapazas do I. E. S de POIO!
Somos os alumnos de 4º os que vamos a levar este ano o blog.
Con este blog queremos contarvos e mostrarvos os acontecementos que suceden no noso centro.
Vós podedes axudarnos participando no blog, sempre que respetedes os demais.

GRAZAS
Esperamos que vos guste


Leticia López

10 jun 2011

A lenda do bosque Libredón

Concurso: “ Falemos da nosa historia” (CEIP. López Ferreiro- Santiago)
O 3º premio de Galicia foi para o IES de Poio.

Para entender as peregrinacións a Santiago de Compostela debemos partir da tradición que fala do labor evanxelizador de Santiago en terras da Hispania romana, aínda que consultamos dunha obra de L.Duchesne ( “Santiago en Galicia” ) e di que non hai probas suficientes de que o apóstolo estivese nunca en España.
Sábese que despois da morte de Cristo, Santiago o Maior fillo de Zebedeo, continúa inicialmente o seu labor apostólico en Xerusalén. Á súa chegada a Palestina, e tras incumprir a prohibición de predicar o cristianismo, foi decapitado en tempos de Herodes Agripa. Segundo a tradición, o seu cadaleito foi recuperado polos discípulos Atanasio e Teodoro e traído en barco a terras españolas, en concreto a Iria Flavia (preto da actual Padrón). A tradición prosegue coa viaxe do corpo de Santiago, que é transportado en carro ata o bosque Libredón, lugar no que os bois se negaron a entrar. Este feito debeu ser tomado como un sinal divino e foi elixido como lugar de enterramento.
O corpo de Santiago non se soterra na estrema do bosque, senón no interior do predio, unha posesión que, segundo limos, era “ franca e libre”. O especialista Francisco Singul, a quen consultamos, tamén sinala que tendo en conta os costumes e prácticas romanas da época “ a deposición do corpo do apóstolo Santiago no Liberum donum non pode estar máis a ton coa época ”.
Libredón fora un bosque máxico cheo de misterios que alimentaron os temores da xente en tempos remotos e lonxevos. Libredón é para algúns unha palabra latina (“liberum donum”) ou libre concesión dun terreo. Pierre David di que Libredón é un nome de lugar que non fora usado polo pobo. O nome que fica é Compostela, que ten aparencia de ser romano en forma diminutiva de agarimo. Tamén comprobamos que hai varias Compostelas en Galicia: unha en Melide, dúas na provincia de Ourense, na Merca e Lobios, esta á esquerda do río Limia. Libredón era un frondoso bosque de árbores autóctonas, tal vez carballeiras e aciñeiras. Algúns autores sitúan por aquel entón un castro indíxena poboado e romanizado, de ocupación tardía, abandonado bastante antes do descubrimento do sepulcro. Outros apuntan á posibilidade da ubicación dun camposanto ou necrópole usada ata o século VII, con tumbas entre as que puido haber enterramentos cristiáns. A principios do século IX o lugar estaría abandoado e cuberto de maleza, o que explicaría as luces tremelucindo día e noite, que serían confundidas con estrelas.
Tal e como profetizaran os discípulos de Santiago, Atanasio e Teodoro, o bosque Libredón faríase aínda máis frondoso e inaccesible, como buscando ocultar e protexer o segredo da santa sepultura que albergaba. Pero unha cousa é a lenda e outra a historia, é dicir, que está comprobado que onde se encontra o centro histórico de Santiago estivo ocupado por un castro anterior á chegada dos romanos. Estes fixeron da zona unha encrucillada de camiños na que converxían varias sobre o lugar máxico atendendo ás circunstancias: bosque frondoso cheo de maleza, castro abandonado, necrópole igualmente abandonada, encrucillada de camiños... así pois non é de estrañar o temor a circular polo lugar tendo en conta que, entre os habitantes da zona, indíxenas de Galicia falábase das aparicións de anxos e luces estrañas.
Pelaio (Paio ou Pelagio) segundo a tradición popular era o ermitán que no ano 813 vivía nun lugar coñecido  co nome de Solovio, no bosque Libredón, exactamente onde hoxe se atopa a igrexa de San Fiz de Solovio na cidade de Santiago. Este ermitán observou durante varias noites consecutivas uns resplandores misteriosos sobre un montículo do bosque, como se fose unha chuvia de estrelas.
Pelaio, altamente impresionado polas luminarias, decidiu presentarse ante o bispo Teodomiro (por aquel entón bispo de Iria Flavia, coñecida como a actual Padrón) para comunicarlle os feitos. O bispo reuniu un pequeno séquito e dirixiuse ó lugar onde puido contemplar el mesmo o fenómeno. Alí, entre a densa vexetación, foi onde atoparon un sepulcro de pedra no que repousaban tres corpos, que serían identificados como os do apóstolo Santiago e os seus discípulos, Teodoro e Atanasio.
O bispo recoñeceu este feito como un milagre e informou ó rei Alfonso II de Asturias e Galicia. O rei ordenou a construción dunha capela no lugar, que se converteu gradualmente nun importante lugar de peregrinase. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa prerrománica no ano 899, construída pola orde do rei Alfonso III, e finalmente iniciouse no 1075, baio o reinado de Alfonso VI, a construción da catedral de Santiago de Compostela.
É estraño que a xente sen saber ler nin escribir recorde a orixe máxica, relixiosa e sagrada dun bosque no que se encontra un cemiterio e un castro que logo daría lugar a unha mansión romana. Polo tanto é crible a lenda do bosque Libradón aínda que non se pode asegurar ata que punto é lenda e cando comeza a historia.


As gañadoras foron: 
Niquea Outeiral Galiano, 
Carmen Castro García,
 Paula Sanmartín Freitas 
 Andrea Magariños Prieto 

No hay comentarios:

Publicar un comentario